Aspecto actual dun punto de acopio de auga para extinción de incendios, cuberto polo matoxo. |
Boa parte destes equipamentos están cubertos polo matoxo
O Partido
Popular de Ordes anunciou hoxe que reclamará no pleno da Corporación desta semana, que o Concello revise e acondicione
os diferentes depósitos de almacenamento de auga para a extinción de incendios
forestais.
Segundo os populares, a ausencia de mantemento fai que boa parte destes
equipamentos estean practicamente cubertos polo matoxo e, polo tanto, case
ilocalizables para os efectivos que combaten o lume.
O Partido
Popular de Ordes constatou os puntos de acopio de auga situados en diferentes lugares do municipio presentan "un estado lamentable" que non só dificulta a súa utilización, en
caso necesario, polos efectivos contraincendios, senón que "tamén constitúen un
perigo, dada a falta de sinalización e a escasa ou nula visibilidade que
presentan".
A frase de José Luis
Martínez Sanjurjo, portavoz municipal do Partido Popular de Ordes
"A falta de
mantemento dos puntos de captación de auga para os efectivos contraincendios ven motivada polo clima de deixadez xeral que caracteriza a xestión do Concello de Ordes”
*