lunes, 3 de junio de 2013

Éxito de participación e público na gala 'Operación Ordes'

Os artistas de Operación Ordes no esceario da discoteca Elepé 45.

Os gañadores leváronse cheques regalo doados pola Asociación de Comerciantes de Ordes (Acordes)

Arredor de 500 persoas acudiron na noite do venres á discoteca LP45 para disfrutar da gran gala Operación Ordes. Unha cita na que máis dun cento de alumnos dos centros académicos da comarca subiron ao escenario para dar conta das súas dotes musicais. 


Promoción do galego
Unha iniciativa que perseguía a promoción da lingua galega entre os máis xóvenes e na que participou activamente o equipo de normalización lingüistica do IES Nº1 de Ordes, ademais doutros membros do profesorado tanto deste centro como do IES Maruxa Mallo.

O dúo de hip hop Con Sentidiño, gañadoras na categoría a partir de 3º da ESO.
Gañadores
Os  gañadores na modalidade que englobaba aos alumnos de Primaria ata 2º da ESO foron As Pandereteiras, do IES Maruxa Mallo. A interpretación do tema O Verdegaio supósolles o primeiro posto e alzarse co cheque de 200 euros

Os Falcatrueiros, formación composta por alumnos do IES Nº1 e do CEIP Castelao, e Twisted Brothers ocuparon os segundo e terceiro lugar respectivamente con cheques de 100 e 50 euros cada un deles. 

O primeiro premio para os alumnos a partir de 3º da ESO foi para o grupo Con Sentidiño, un dúo de hip hop composto por dúas rapazas que nesta ocasión foron as únicas que se atreveron cunha interpretación orixinal. 

Sheila Rodríguez e Alba Docampo alzaronse coa segunda e terceira posición. Todos eles recibiron os seus cheques, doados pola Asociación de Comerciantes de Ordes (Acordes).


Pechando a gala, na que tamén quiso colaborar o Concello de Ordes, estivo Carlos Gende ‘Xerendal’, máximo expoñente galego de ragg e bix box

*