miércoles, 19 de junio de 2013

Celebrado un novo curso de manipulador de alimentos

O curso tivo lugar nas dependencias da Casa da Cultura de Ordes.
Participaron máis de quince alumnos e alumnas

O Concello de Ordes acaba de acoller esta tarde un novo curso de manipulador de alimentos, no que participaron algo máis de 15 alumnos e alumnas. 

O lugar de celebración foi a Casa da Cultura de Ordes, onde tras as clases teóricas tivo lugar unha proba tipo test para medir o nivel de coñecementos adquiridos durante a xornada. 

O título de manipulador de alimentos é requirido a aquelas persoas que traballan no ámbito da hostalaría, industrias relacionadas coa alimentación ou en comedores e establecementos de diversa índole.

*