domingo, 9 de junio de 2013

O Mesón do Vento acolleu un curso pioneiro de defensa para a Policía Local e Garda Civil


Participaron máis de vinte axentes chegados de varios puntos da provincia

O polideportivo do Mesón de Vento, no Concello de Ordes, acolleu na mañá de onte un curso para membros da Policía Local e da Garda Civil pioneiro en toda Galicia. 

Trátase dunha combinación de técnicas de artes marciais mixtas (MMA) e de defensa policial. Uns coñecementos útiles para calquer tipo de  intervención, xa sexa á hora de repeler un ataque uo ben de exercer unha acción de defensa.


Participantes
Na sesión de onte participaron máis de vinte axentes procedentes dos corpos da Policía Loca e Garda Civil tanto de Ordes como da Mancomunidade, así como doutras localidades como Burela, Santa Comba ou Culleredo, entre outros. 

Os encargados de transmitir todos estes coñecementos, tanto a nivel teórico como práctico foron José Gacio, seleccionador galego de iudo; e David Graíño, preparador do Graíño Team MMA. 

Tamén participaron membros e instructores da Garda Civil e do Servicio de Intermediación Rápida da Coruña.

*