sábado, 15 de junio de 2013

Aberto o prazo para participar nas escolas de verán de Ordes

As prazas son limitadas e serán asignadas por orde de solicitude ata o 25 de xuño

O Concello de Ordes ven de facer pública a convocatoria para participar nas súas escolas de verán durante os meses de xullo e agosto. Nelas levaranse a cabo una serie de actividades en horarios de mañá.

Poderán participar nesta iniciativa aqueles nenos e nenas escolarizados en Educación Infantil e Primaria nalgún centro do municipio durante o curso 2012-13. O programa está dividido en quendas de 15 días poidendo inscribirse en todas as que se desexen. 

Inscricións
As prazas son limitadas polo que serán outorgadas por rigurosa orde de inscrición, cuxo prazo finalizará o vindeiro día 25 deste mes. Os prezos oscilarán entre os 31, 62, 93 e os 124 euros según o número de quendas nas que se teña previsto participar. 

Para elo é preciso acudir ao Departamento de Cultura e Deporte coa ficha de inscrición debidamente cumplimentada, fotocopia do DNI do asistente ou ben do Libro de Familia, copia da tarxeta sanitaria e xusificante médico asinado no caso de que exista una doenza que deba terse en conta. 

Ás familias numerosas aplicaráselles un desconto do 50%. 

*