O alcalde de Ordes recolle o premio ante a presenza da secretaria de Estado de Emprego do Goberno de España |
En recoñecemento ao curso de habilidades para persoas con diversidade funcional
O alcalde Manuel Regos garantizou a continuación deste curso pese á "retirada da contribucións" doutras Administracións públicas
O Concello de Ordes ven de ser recoñecido na entrega
dos VII Premios Nacionais Alares á Conciliación da Vida Familiar, Laboral e
Persoal e á Responsabilidade Social que contou coa paricipación do Ministerio de Emprego e Seguridade Social do Goberno de España a través da súa secretaria de Estado de Emprego, Engracia Hidalgo.
No acto de entrega de premios, celebrado o pasado mércores na sede de CaixaFórum de Madrid, o alcalde de Ordes recolleu o galardón de accésit
na categoría institucional.
Os premiados posan na sede de CaixaFórum (Madrid). O alcalde de Ordes, o quinto pola esquerda abaixo. |
O galardón vén dado polo labor que o Concello de Ordes está a desenvolver ao
longo dos últimos anos no curso de habilidades sociais e autonomía persoal para persoas con diversidade funcional que se imparte na aula adaptada do Mesón do Vento.
“O que para nós non significa nada para eles é
un gran logro e unha enorme satisfacción. Por exemplo: facer unha cama,
recoller unha mesa, fregar un vaso ou dobrar unha camiseta é cruzar unha meta
que nunca pensaron alcanzar”, explicou Silvia Marín, actual tenente de alcalde
de Ordes e primeira concelleira de España na área de diversidade funcional.
As frases de Manuel Regos, alcalde de Ordes
“Sabemos que as necesidades que presentan estas persoas son moitas e moi concretas, polo que temos un compromiso adquirido non só con eles senón tamén coas súas familias"
"Dende o Concello considerámolos unha prioridade e decidimos, a pesar do momento actual, continuar sufragando os gastos deste curso unha vez que se nos comunicou a retirada de contribucións por parte doutras institucións”
*