Unha brigada de operarios do Concello de Ordes durante a reparación da fochanca. |
Manuel Regos: "Deuse orde de recubrir a parte afectada e proceder a pavimentar e nivelar correctamente a zona afectada co máximo de garantías"
O Concello de Ordes vén de proceder ao arranxo
inmediato dos danos aparecidos nestes últimos días na rúa do Recreo. Na mañá de onte unha brigada de operarios procederon a cortar o tránsito e a circulación
pola céntrica vía, co fin de iniciar a reparación dunha fochanca.
Manuel Regos, alcalde de Ordes. |
As frases de Manuel Regos, alcalde de Ordes
“Procedemos ao arranxo da fochanca da maneira máis rápida co fin de solucionar as
molestias que esta situación puidese causar tanto aos condutores como aos
veciños e transeúntes"
"Deuse orde de recubrir a parte afectada e proceder a
pavimentar e nivelar correctamente a zona afectada co máximo de garantías,
tendo en conta o elevado número de vehículos e peóns que cada día transcorren
pola zona”
*