Finalizou o curso de perfeccionamento de cociña do Concello de Ordes
O curso de perfeccionamento de cociña organizado polo Concello de Ordes chegou ao seu remate. E para celebralo
e poñer en práctica todo o aprendido ao longo dos últimos meses que mellor que
organizar unha boa cea na que, lóxicamente, elaboraron pratos propios.
Degustación
Carnes e peixes, entrantes variados e moito máis foi o que se degustou no último día
tanto polos alumnos e alumnas como por Manuel Vieites, profesor e mestre de
cociña.
Ante o éxito acadado nesta última convocatoria dende o Concello xa se
estuda a posibilidade de realizar un novo curso similar.
*