jueves, 13 de junio de 2013

O BNG de Ordes pide que se resolva un problema acústico na rúa do Recreo


O tránsito de vehículos por riba da chapa de ferro causa molestias aos veciños, segundo denuncia o BNG de Ordes.
Ramiro Recouso presentou un rogo sobre as molestias que unha plancha de ferro sobre unha fochanca está a causar aos veciños do entorno

O portavoz municipal do BNG de Ordes, Ramiro Recouso, presentou onte un rogo para ser debatido no próximo pleno municipal referente aos problemas acústicos que está causando a colocación dunha plancha de ferro sobre unha fochanca na intersección da rúa do Recreo, entre os edificios do Nogallás e Casa Carril. 

O tránsito de vehículo por riba da plancha de ferro, asegura o nacionalista, "provoca molestias acústicas, que se agravan nas horas nocturnas, impedindo ou interrumpindo o descanso dos residentes".

Segundo Recouso, esta plancha foi colocada fai unhas dúas semanas e está deixando ao descuberto os ferros do mallazo utilizado no forxado de cemento da rúa.

"Tempo máis que suficiente"
Desde o BNG de Ordes consideran que estes quince días "é tempo máis que suficiente para reparar as deficiencias da vía, e que non se pode estar torturando aos veciños e veciñas do entorno do cruce principal de Ordes".



*