domingo, 9 de junio de 2013

O Mesón de Deus álzase coa copa das ligas Concello de Ordes

O equipo do Mesón de Deus posa co concelleiro de Deportes de Ordes, Roberto Iglesias (der.)
O Alpa, Inter Ordes e Joints ocuparon o segundo, terceiro e cuarto posto, respectivamente.

As ligas deportivas de Ordes chegaron na xornada do pasado xoves ao seu fin coa entrega dos trofeos. O Mesón de Deus proclamouse vencedor indiscutible da Copa Concello de Ordes tras unha excelente tempada. 

Por detrás deles o Alpa, Inter Ordes e Joints ocuparon o segundo, terceiro e cuarto posto, respectivamente.

Deste último equipo saliu tamén o máximo goleador da liga, Marcos Noya. Pola súa banda o Leira Fútbol Sala obtivo o galardón á deportividade.

*