A xuíza Pilar de Lara investiga a contratación de persoal da escola infantil de Ordes
Marín: "O contrato en cuestión supón un salario de trescentos euros por catro horas, un traballo que á xente de fora non lles compensa"
"Se eso é un delicto, teño que dicir que o volvería a facer, unha, mil e un millón de veces"
A primeira tenente de alcalde de e concelleira delegada de Educación, Silvia Marín, comparecerá o próximo mércores ante a xuíza de Lugo Pilar de Lara en calidade de imputada dentro da chamada operación Pokémon.
A xuíza instructora investiga, entre outras, o expediente de adxudicación da escola infantil de Ordes á empresa Sermasa, do grupo Vendex. A imputación ten lugar ademais logo dun pleno municipal no que o grupo do BNG conseguira aprobar por unanimidade unha moción na que os concelleiros imputados por presuntos delictos motivados na súa función pública comprometeríanse a dimitir.
"Un engaño"
A declaracións a outros medios, Marín descartou hoxe dimitir por esta imputación, alegando ademais que a moción do BNG foi "un engaño". A imputación, segundo Marín, trae a súa causa na contratación da esposa dun concelleiro como cociñeira na escola. "Estaba apuntada nunha bolsa de emprego e reunía todos os requisitos», asegurou Marín a preguntas de La Voz de Galicia. O contrato en cuestión «supón un salario de trescentos euros por catro horas, un traballo que á xente de fora non lles compensa, polo que o único que se fixo foi contratar a alguén de Ordes. Se eso é un delicto, teño que dicir que o volvería a facer, unha, mil e un millón de veces», asegurou.
Respecto á moción nacionalista aprobada no pasado pleno, presumiblemente esta vaia ser modificada no pleno extraordinario convocado para este martes, no que se comprometerán a dimitir a aqueles concelleiros de Ordes imputados unha vez se abra xuízo oral contra eles.
*