Terá lugar os días 31 de maio e un de xuño
Un ano máis a parroquia ordense de
Ardemil acollerá a súa III Xuntanza Cabalar. O primeiro día será o
venres 31 de maio. Nesta xornada a nota musical virá da man da orquestra Atenas.
Tamén se repartirá cochinillo á grella gratuitamente entre todos os
participantes a partir das 20:00 horas.
O día grande terá lugar o sábado 1 de xuño cun cartel de actos e
celebracións que arrancará ás 09:00 horas coa apertura do recinto feiral. Ás 10:00 horas iniciarase o curso de bestas cruzadas e ás 11:00 horas o de cabalos cruzados.
Posteriormente, a partir das 13.30 horas, disfrutarase dun xantar popular con
lacón asado acompañado de patacas estofadas, pan, refrescos, viños, café e
postre.
Encontro culinario
O prezo para poder formar parte deste encontro culinario será de dez euros para os cabaleiros e de doce euros para o resto dos asistentes. Aqueles que
queiran participar deberán inscribirse antes do vindeiro mércores 15 de maio
chamando aos teléfonos 630199594 ou 696843590.
Xa pola tarde as competicións retomaranse dende as 16:00 horas cun concurso
de barriles, para dar paso unha hora máis tarde ás probas de trote libre e
outra de andadura de trotóns a partir das 17.30 horas.
Ademais haberá tamén
agasallos sorpresa e instalarase unha carpa en caso de choiva. Outra das
ventaxas é un xantar gratis para os vinte primeiros cabaleiros que se inscriban.
*