Con motivo do primeiro día de celebración da III Xuntanza Cabalar
Mañá sábado terá lugar o día grande coa apertura do recinto feiral
A partir de hoxe venres e durante
dous días, a parroquia de Ardemil acollerá a súa Xuntanza Cabalar, que
esta ano celebra a súa terceira edición. Organizada pola recentemente fundada
Asociación Cultural Cabaleiros de Ardemil nesta ocasión o número de cabalos
inscritos supera os douscentos, o que supón un
incremento dalgo máis de medio cento con respecto ao ano pasado.
O primeiro día desta cita estará marcado pola
actuación musical da orquestra Atenas, e tamén pola boa mesa, xa que a partir
das 20 horas repartirase cochinillo á grella entre todos os participantes.
Sábado
O día grande terá lugar o sábado cun cartel de actos e celebracións que
arrancará ás 09:00 horas coa apertura do recinto feiral. Ás 10:00 horas iniciarase o
curso de bestas cruzadas e ás 11:00 horas o de cabalos cruzados.
Todos os
inscritos disfrutarán dun gran xantar a partir das 13.30 horas, cun menú está
composto por lacón asado acompañado de patacas estofadas, pan, refrescos,
viños, café e postre.
Novamente as competicións retomaranse ás 16:00 horas cun
concurso de barriles, para dar paso unha hora máis tarde ás probas de trote
libre e outra de andadura de trotóns a partir das 17.30 horas.
Ademais haberá
tamén agasallos sorpresa e instalarase unha carpa en caso de choiva. Outra das
ventaxas é un xantar gratis para os vinte primeiros cabaleiros que se inscriban.
*