Os alcaldes da Mancomunidade reunidos esta mañá en Ordes. |
O pleno acordou adherirse ao plan de finaciamento dos servizos sociais comunitarios básicos da Deputación da Coruña
O pleno da Mancomunidade de Municipios da Comarca
de Ordes acordou está mañá na sesión plenaria correspondente ao mes de maio a
solicitude de adhesión ao plan de financiamento dos servicios sociais comunitarios básicos.
Supón case 122.000 euros que irán destinados a sufragar
os gastos derivados do persoal auxiliar administrativo, do persoal técnico de
grao medio (educadores familiares), así como do persoal auxiliar do servizo de
axuda no fogar para os concello de Frades, Ordes e Oroso.
Grazas a este servizo
na actualidade máis de trinta persoas dos tres concellos ven cubertas as súas
necesidades básicas en relación coa súa vivenda.
Servizos sociais
Dito
plan elabórase ao amparo do Decreto 99/2012, do 16 de marzo, que regula os servizos
sociais comunitarios e o seu financiamento. Nel se establece que as Deputacións
proporcionaranlles asistencia económica, técnica e xurídica aos concellos con
menos de 20.000 habitantes, na execución das súas competencias en materia de
servizos comunitarios básicos.
Na xuntanza tamén se acadou a
solicitude de subvencións para a contratación de persoal técnico para a realización de actividades de información,
orientación e prospección de emprego, solicitarán un total de 20.000 euros.
*