Xesús Pedreira pedirá que o Concello articule medidas para facilitar os pagos e garantir que un maior número de
veciños poida ter acceso ás concesións
O PSOE de Ordes informou hoxe de que presentará unha moción para
facilitar aos veciños os trámites para a concesión dos novos nichos
do camposanto municipal, correspondentes á nova mazá que se vai construír.
O
voceiro socialista, Xesús Pedreira Mirás lembra que na última sesión
plenaria se aprobou unha modificación da ordenanza fiscal reguladora da
taxa do cemiterio municipal, de xeito que as cuantías ascenden a preto de 950
euros no caso dos nichos e a preto de 3.700 euros para os panteóns.
Só unha solicitude
Ademais, para facilitar que a maioría de veciños
poidan ser titulares das concesións, o PSOE de Ordes suxire que se estableza
que ningunha persoa, física ou xurídica, soa ou en concorrencia con outras,
poda asinar máis dunha solicitude. “Ademais, pensamos que tamén se teñen que
incluír medidas como que tampouco podan presentar solicitudes separadas os
membros da mesma unidade familiar", asegurou Pedreira.
É dicir, que os fillos menores ou maiores de
idade que estean empadroados no mesmo domicilio familiar non podan presentar
solicitudes separadas das dos seus pais”, exemplifica o concelleiro socialista.
O PSOE de Ordes tamén solicitará que se
especifique claramente que tanto os nichos como as columnas seguirán sendo de
titularidade e propiedade do Concello de Ordes, polo que non poderán ser
obxecto de compravenda, permuta o transacción de ningunha clase.
Xesús Pedreira (PSdG-PSOE). |
As frases de Xesús Pedreira, voceiro socialista de Ordes
“É fundamental elaborar uns pregos de condicións para a adxudicacións dos nichos que recollan medidas que faciliten que a maioría dos veciños e veciñas de Ordes interesados poidan ser titulares desas concesións”
“Nestes momentos de crise económica non é doado para unha familia poder facer tales desembolsos, polo que deberiamos ofertarlles a posibilidade de abonar esas cantidades cando menos en dous prazos: a metade antes da adxudicación da concesión e a outra metade seis meses despois da data de adxudicación. É unha medida legal e que xa se está aplicando noutros municipios”
*