Estado actual da estrada de Buscás, logo das melloras levadas a cabo polo Concello de Ordes. |
Entre outras leváronse a cabo tarefas de
asfaltado, melloras do firme, aplicación de conglomerado e apertura de gabias
O Concello de Ordes ven de investir 123.000 euros
na mellora de dous dos seus viais máis transitados. Concretamente na estrada N
550 que transcurre pola parroquia de Buscás leváronse a cabo tarefas de
asfaltado e melloras do firme, aplicación de conglomerado, apertura de gabias,
quedando pendiente o remate das tarefas de pintado para unha vez que amaine a
chuvia.
Trátase dun tramo de máis de tres quilómetros que amosaba unha serie de
anomalías e fuchancas en gran medida dadas pola gran cantidade de
precipitacións registradas nos últimos meses, así como pola gran cantidade de
tráfico que por este vial transita, moito del pesado debido aos vehículos
agrícolas e os empregados nas labores de tala de árbores efectuadas nesta zona.
Espenica
Tamén interviuse na estrada que transcurre pola Espenica, unhas melloras
moi demandadas pola veciñanza debido ao estado de deterioro que presentaba e
que, igualmente ca anterior, se viu acrecentado polas chuvias registradas ao
longo deste inverno.
Tal e
como se explicara en sesión plenaria o Concello viuse obrigado a agardar a que
as condicións meteorolóxicas posibilitaran estas intervencións e obras, as
cales está incluidas no Plan de Obras e Servizos. Dentro do investimento
realizado inclúese o tratamento e xestión dos residuos xerados.
*