A exposición foi inaugurada polo alcalde Manuel Regos e o concelleiro de Cultura, Ramón Vázquez Raña
O Concello de
Ordes acolleu hoxe unha serie de actos co gallo do Día das Letras Galegas, que
este ano se adica á figura de Roberto Vidal Bolaño. Así, esta mañá o alcalde Manuel Regos, acompañado
polo concelleiro de Cultura, Ramón Vázquez Raña, inauguraron na biblioteca da vila
unha mostra onde os usuarios e visitantes poderán consultar as obras deste
dramaturgo. Unha serie de paneis informan sobre aspectos da vida persoal e
profesional de Vidal Bolaño.
Obradoiros na biblioteca
Por outra banda esta tarde dende as 18:00 horas máis
dunha veintena da rapaces e rapazas entre 3 e 12 anos participaron nos
obradoiros organizados na biblioteca municipal de Ordes co gallo da gran celebración das letras galegas. Neles
aprenderon a realizar marcapáxinas á par que realizaron figuras de plastilina.
*