Xesús Pedreira: "Os refugallos están situados
na parcela habilitada para a recollida dos plásticos agrícolas e as árbores plantadas na zona están abandonadas"
O Partido Socialista de Ordes esíxelle ao Concello
de Ordes que retire o material de refugallo procedentes das obras de remodelación da
antiga casa consistorial e que permanecen dende hai tempo ciscados sen control
a carón do punto limpo municipal, invadindo a zona habilitada para a recollida
de plásticos e neumáticos agrícolas.
Por outra banda, tamén o concelleiro socialista Xesús Pedreira alerta do abandono das árbores autóctonas plantadas por nenos e nenas de Ordes
na parcela anexa ao punto limpo.
Unha iniciativa creada polo propio Pedreira durante a súa etapa como concelleiro de Medio Ambiente e que se ten
feito varios anos para celebrar o Día Mundial da Árbore.
Árbores
Ese abandono está a
provocar a morte ou desparición de moitas destas árbores, o que leva aos
socialistas a esixirlle ao Concello de Ordes que realice “unha política
medioambiental baseada en feitos, non en propaganda”.
As frases de Xesús Pedreira, voceiro municipal do PSdeG-PSOE en Ordes
“No seu momento se dixo que estes residuos serían convertidos en zahorra para as estradas pero o certo é que pasa o tempo, non se fai nada e estes escombros non están no sitio axeitado”
“Os residuos procedentes da construción teñen un tipo determinado de tratamento para a súa reciclaxe e almacenamento, polo que non é de recibo que estean ciscados nunha parcela habilitada para a recollida de plásticos”
*