viernes, 10 de mayo de 2013

O pavillón Castelao acolle este domingo unha competición de patinaxe artística


Participarán máis de douscentos patinadores chegados de toda a provincia

Este domingo a partir das 13:00 horas, o pavillón Castelao de Ordes acollerá o campionato provincial de grupo show escolar de patinaxe artística. Daranse cita na competición máis de douscentos patinadores de distintos equipos procedentes de Santiago, Ferrol, A Coruña, Ordes, Pobra do Caramiñal, Arteixo, Ribeira e Coristanco.

O campionato provincial de grupo show escolar de patinaxe artística está organizado pola Xunta de Galicia e conta coa colaboración do Concello de Ordes e do clube de patinaxe Alquimia.

*