domingo, 5 de mayo de 2013

Éxito de público na exhibición de patinaxe de Ordes

O pavillón Castelao de Ordes acolleu a exhibición.

Participaron arredor de trescentos patinadores con idades de entre os 3 e os 18 anos

O pavillón Castelao acolleu na mañá de onte a IV Exhibición Municipal de Patinaxe Artístico Concello de Ordes. Unha cita na que participaron arredor de 300 patinadores con idades comprendidas entre os 3 e os 18 anos, e pertencentes aos equipos CPI Castelao, CP Conxuro de Laracha, CPI Campomaior, CPI O Graxal, CP Alquimia, CPI Brexo Lema, CPI Torrente Ballester. 


Medallas
Ao final da proba os concelleiros Roberto Iglesias e Lucía Iglesias fixeron entrega dunha medalla a cada un dos participantes ante un numeroso público que abarrotou o polideportivo. Xa de cara á vindeira semana Ordes volverá a ser centro de interés para os afeccionados á patinaxe xa que o domingo acollerá o campionato provincial.

*