jueves, 2 de mayo de 2013

O pavillón Castelao acollerá este sábado unha exhibición de patinaxe


A partir das 12:00 horas coa participación de preto de trescentos patinadores 

Este sábado a partir das 12:00 horas, o pavillón municipal Castelao albergará a IV exhibición municipal de patinaxe artística Concello de Ordes

Unha cita onde participarán preto de trescentos nenos e nenas pertencentes aos equipos CPI Castelao, CP Conxuro de Laracha, CPI Campomaior, CPI O Graxal, CP Alquimia, CPI Brexo Lema, CPI Torrente Ballester. 

Ao final da proba, aproximadamente ás 13:30 horas, farase unha entrega de medallas a todos os participantes.

*