Pablo Vidal e Ramiro Recouso, primeiro e segundo pola esquerda, prometendo o seu cargo de concelleiros. |
Prospera a moción socialista de concesión de novos nichos do cemiterio
O secretario do Concello considera as supostas irregularidades das obras do tanatorio coma "un erro", do que os populares discrepan
O pleno do Concello de Ordes comenzou onte a súa sesión
ordinaria correspondente ao mes de maio coa toma de posesión de Ramiro Recouso
e Pablo Vidal (BNG) como novos concelleiros da Corporación municipal.
Cemiterio municipal
Posteriormente
a estes nomeamentos, o PSOE veu aprobada por unanimidade a moción coa que se lle
facilita aos veciños a tramitación para a concesión
dos novos nichos do camposanto municipal, correspondentes á nova mazá que se
vai construír, e cuxos prezos ascenden a 950 euros no caso dos nichos e os
3.700 euros para os panteóns.
O edil socialista, Xesús Pedreira, puntualizou que
“debido
á crise non é doado para unha familia poder facer tales desembolsos, polo que
se debería ofrecer a posibilidade de abonar esas cantidades cando menos en dous
prazos: a metade antes da adxudicación da concesión e a outra metade seis meses
despois da data de adxudicación".
Tamén se acadou compromiso de anunciar como
mínimo con tres meses de antelación a posibilidade de adquirir a concesión de
novos espazos.
A segunda das mocións socialistas perseguía reafirmar a autonomía local
e a transcendencia do papel das entidades locais na igualdade de oportunidades
entre mulleres e homes, así como nas políticas de prevención e asistencia
integral ás vítimas de violencia de xénero.
Por todo elo ínstaselle ao Goberno
de España a que retire o anteproxecto de lei para a racionalización e
sustentabilidade da administración local, “por supor un desmantelamento dos
servizos de promoción á muller que prestan as corporacións locais, ao eliminar
as competencias que veñen prestando en materia de igualdade e contra a
violencia de xénero”.
Tamén se lle solicita a apertura dun proceso de diálogo e
consenso para a reforma da Lei de Bases de Réxime Local con todos os grupos
parlamentarios, os sindicatos, a FEGAMP e a FEMP.
Neste punto tanto os
nacionalistas como os populares abstivéronse na votación. Os primeiros
argumentando que é a Xunta de Galicia quen debe costear os servizos de índole social que
se prestan dende os concellos ou ben propiciar un pacto local neste sentido,
mentres que os populares pretendían que no texto aparecese o termo 'escoitar' en
substitución da palabra 'retirar', algo que non foi aceptado pola bancada do PSOE.
Tanto o Goberno local como CideGa votaron a favor.
LOPX e Rexistro Civil
A última das mocións socialistas facía alusión ao rexeitamento do
borrador de anteproxecto de lei de
Reforma da LOPX e do Rexistro Civil. Instábaselle á Xunta de Galicia a que lle solicite do Goberno
de España o mantemento dos Xulgados de Paz e que se lles dote dos medios
adecuados e da profesionalización dos seus traballadores e raballadoras.
Os socialistas tamén demandaban a garantía
na gratuidade
das funcións que prestan os Rexistros Civís. Outro texto que os socialistas
viron aprobado grazas aos votos do Goberno local, mentres que CideGa se abstivo
e o PP votou en contra baseándose “no elevado número de rexistros existentes”.
Expo Ordes
Pola súa banda o BNG presentou unha moción na que solicitaba unha
renovación da Feira Multisectorial e de Maquinaria Agrícola Expo Ordes,
reclamando un maior protagonismo para o sector gandeiro e cooperativo da
comarca, así como para o sector textil. Finalmente todos os partidos votaron a
favor agás o PSOE, que se abstivo “xa que a organización deste evento é
potestade do equipo de Goberno”, explicou Pedreira.
Selección de persoal
Os nacionalistas tamén reclamaron por parte da alcaldía que se informe
de calquer inicio de proceso de selección de persoal e que se remita a
documentación pertinente á comisión informativa de personal destinada a tal
fin.
Neste sentido o secretario municipal puntualizou a distribución de
competencias, en cuxo artigo 21 se especifica en materia de selección de
persoal corresponde ao alcalde mentres que a función dos membros do pleno
atínguese a custións orzamentarias tal e como se sinala no artigo 22.
Aprobouse a urxencia de
debate deste punto sendo finalmente aprobada a proposta polos oito votos do BNG
e do PP.
LOMCE
O seguinte texto presentado polos nacionalistas facía alusión á retirada
da polémica LOMCE, á que tildaron de 'lei imposta que pretende axudar a aqueles
centros que segregan ao alumnado por sexos, que sitúa ao galego nun segundo
plano e que ten un carácter confesional pola consideración que adquire a
asignatura de relixión”.
Tanto o Goberno Local como CideGa abstivéronse na
votación, o PP votou en contra, mentres que PSOE e BNG votaron a favor, polo
que a medida non prosperou.
Xabarís
Por parte do PP presentouse unha única moción que atendía ao incremento
descontrolado da poboación de xabarís que se reproducen e refuxian na zona
boscosa da antiga escombreira da central térmica de Meirama.
O Partido Popular
pediu que no marco da normativa vixente se execute un programa efectivo de
control das poboacións de xabaril na escombreira e nas áreas anexas. Tamén se
pretende que a empresa titular da escombreira que causa parte do problema
habilite unha partida económica para indemnizar aos afectados.
Acordo cos madeiristas
Xa no apartado de rogos e preguntas, a tenente alcalde
Silvia Marín informou ao voceiro socialista que dende o Concello xa chegaron a
un acordo cos madeiristas que realizan labores no termo municipal para que
sexan eles quenes manteñan e arranxen as pistas danadas con motivo do seu traballo.
Tanatorio municipal
Ante preguntas do PP o secretario municipal informou que as supostas
irregularidades detectadas polo Tribunal de Cuentas nas obras do tanatorio municipal e financiadas con cargo ao Plan E
son "un erro", xa que o Concello aportou toda a documentación e tramitou todo
correctamente. P
Pola súa parte, o portavoz municipal do PP, José Luis Martínez Sanjurjo, considerou que dende o Goberno municipal "foron aclarados" parte dos puntos que o Tribunal considerou como "irregularidades", pero que en ningún caso pode falarse de que este cometera "erros" na súa valoración.
*