Participarán máis de cincuenta alumnos e alumnas que demostrarán as súas dotes musicais
Este próximo xoves a partir das 11:00 horas o escenario da Casa da Cultura do Concello de Ordes acollerá a gran final
do concurso musical ‘Operación Ordes’.
Unha cita na que participarán un total
de trece formacións musicais compostas por máis de 50 alumnos e alumnas entre os 8
e os 18 anos matriculados en centros de ensino
englobados na circunscrición do IES Nº 1.
Xurado
Todos eles
deberán de dar o mellor de sí ante un xurado composto por profesionais do mundo da música como Mero, do dúo Mini e Mero e antigo
integrante de Fuxan os Ventos; Xosé Bocixa, vocalista de Zënzar; Anxo Sánchez,
baixista de grupos como Mamá Cabra ou Machina; Olga Raíces, soprano e profesora
de Educación musical; e Paula Castenda, membro da Banda de Música de Ordes e do
grupo Axóuxeres.
Ademais a televisiva Tania Veiras estará presente na clausura
do acto, previsto para as 13.30 horas, interpretando en directo un par de
temas.
Tanto os
gañadores da primeira categoría, de primaria a 2º da ESO, como os da segunda,
de 3º da ESO en adiante, recibirán de premio un cheque regalo doado pola
Asociación de Comerciantes de Ordes (ACORDES) de 200, 100 e 50 euros
respectivamente.
*