viernes, 3 de mayo de 2013

Ordes prepara o seu cross para o 17 de maio


Inscricións ata o 15 de maio no teléfono 660694586 e atletismoordes@hotmail.com

Poderán participar corredores de todas as idades

O V Cross Ambiental e a II Andaina Concello de Ordes xa teñen data de celebración. Será o vindeiro 17 de maio a partir das 16:00 horas, coincidindo coa celebración do Día das Letras Galegas.

Unha competición na que poderán participar xente de todas as idades. As distancias a percorrer variarán según a categoría e irán dende os 100 ata os 10.000 metros

Os premios  para os tres primeiros clasificados de cada categoría serán variados e irán dende cantidades en metálico a trofeos, medallas e agasallos sorpresa. 

A todos os participantes tamén se lles entregará gratuitamente unha entrada para poder disfrutar dunha xornada no Museo do Traxe Juanjo Linares, ademais de froita e bebida.

Inscricións
Aqueles que queiran participar teñen ata o próximo día 15 de maio para inscribirse. Para elo teñen que entrar na páxina web www.correrengalicia.com. Tamén dispoñen do teléfono 660694586 e do correo electrónico atletismoordes@hotmail.com para solicitar máis información.

Esta proba está organizada polo Club de Atletismo Ordes e patrocinada polo Concello de Ordes, Tahití zumos naturais, La Caixa, Coca-Cola, María Fraga, Eurofrut, A Bolera hamburguesería, Deputación da Coruña.

*