miércoles, 15 de mayo de 2013

O Club Alquimia de Ordes gaña o campionato provincial de patinaxe

O Clube Alquimia de Ordes, gañadora da proba.

Máis de 200 patinadores e patinadoras disputaron as probas no pavillón Castelao, que rexistrou un cheo absoluto

Ordes foi sede recentemente do último campionato provincial de Grupo Show Escolar de Patinaxe Artística. A competición tivo lugar no pavillón Castelao, que rexistrou un cheo absoluto

Unha cita á que se presentaron máis de 200 patinadores e patinadoras de distintos equipos procedentes de Santiago, Ferrol, A Coruña, Ordes, Pobra do Caramiñal, Arteixo, Ribeira e Coristanco.


Gañadores
As mellores puntuacións na categoría do grupo pequeno de Primaria foron para a Asociación Deportiva Liceo, o Riveira e o Club Deportivo Fervello. Na categoría grande de Primaria os tres primeiros clasificados foron a Asociación Deportiva Liceo, o Club Fontiñas e o Club Patinaxe Brincadeira. 

No caso dos clubes pequenos de Secundaria o Club Riveira, o Club Pobra do Caramiñal e o Club Patín Axel foron os que finalmente subiron ao pódio, mentres que o Club Alquimia acadau a primeira posición nesta mesma categoría dentro dos grupos grandes.


*