jueves, 9 de mayo de 2013

A Mancomunidade organiza unha charla sobre dereito sucesorio galego


Terá lugar na Casa da Cultura de Mesía mañá venres ás 16:15 horas

A Casa da Cultura de Mesía acollerá mañá ás 16:15 horas e de balde a charla ‘Ideas básicas sobre Dereito de Sucesións en Galicia’. Organizada pola Asociación Cultural Moita Leria e a Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes, nela abordaranse aspectos como os distintos tipos de testamento, os pasos a dar para a apertura de sucesións, as peculiaridades do dereito de sucesións no ámbito galego, os pactos sucesorios (melloras), as obrigas fiscais ou as sucesións intestadas. 

A encargada de levar a cabo este encontro será María José Liste González, asesora xurídica de Servizos Sociais e do CIM da Mancomunidade de Ordes. 

*