A cantante Tani
Veiras interpretou en directo varios temas e non se cansou de asinar autógrafos
entre todos os presentes.
Máis de 300
persoas non quiseron perderse na mañá de onte a gran final do concurso musical
Operación Ordes. Unha cita musical na que participaron máis de 200 alumnos e
alumnas de distintos centros da comarca.
Os gañadores na modalidade que englobaba aos alumnos de Primaria ata 2º da
ESO foron As pandereteiras, do IES Maruxa Mallo. A interpretación do
tema O Verdegaio supósolles o primeiro posto e alzarse co cheque de 200 euros.
Os falcatrueiros, formación composta por alumnos do IES Nº1 e do Castelao, e
Twisted Brothers ocuparon os segundo e terceiro lugar respectivamente con cheques
de 100 e 50 euros cada un deles.
O
primeiro premio para os alumnos a partir de 3º da ESO foi para o grupo Con
Sentidiño, un dúo de hip hop composto por dúas rapazas que nesta ocasión foron
as únicas que se atreveron cunha interpretación orixinal. Sheila Rodríguez e
Alba Docampo alzaronse coa segunda e terceira posición. Todos eles recibiron os
seus cheques, doados pola Asociación de Comerciantes de Ordes.
A cantante ordense Tania Veiras asinando autógrafos. |
Xurado
A gala
contou cun xurado composto por Mero, do dúo Mini e Mero; Xosé Bocixa,
vocalista de Zënzar; Anxo Sánchez, baixista de Machina; Olga Raíces, profesora
de Educación musical e soprano, así como Paula Castenda, da Banda de Música de
Ordes. Tamén colaborou a cantante local Tania Veiras, que interpretou varios
temas en directo e non se cansou de asinar autógrafos.
O
vindeiro 31 de maio a partir das 21:00 horas a discoteca LP 45 acollerá unha gran
gala aberta a todo o púbrico, na que finalistas e e premiados volverán a
subirse ao escenario. Tamén se contará con sorpresas e actuacións, como a que
ofrecerá Carlos Gende entre outros.
*