O ex portavoz do BNG defende que "na ética e na honestidade non existen atallos"
O ex portavoz do BNG de Ordes,
Gonzalo Castro, declarou hoxe, logo de que o pleno votara en contra da proposta de modificación proposta polo seu grupo que “o alcalde debe entender que no compromiso
coa ética e a honestidade non existen atallos, e hai que defendelo tanto cando lle
afecte aos demáis como a un mesmo”
Castro
lembrou que "a lexislación penal define que imputado é aquela persoa á que se
atribue xudicialmente a participación nun delicto”.
Gonzalo
Castro salientou que “non se trata de ir contra ninguén, nin de
prexulgar ningún comportamento, iso correspóndelle á xustiza, pero os cargos
públicos ademáis de ser honestos, deben parecelo, por iso os imputados deben
dimitir, porque en caso contrario só estaríamos aumentando o gran descrédito
que xa teñen a política e as institucións”.
*