Os corredores ao seu paso polo Campo da feira de Ordes. |
Dende as 16:00 horas, os participantes concentráronse no Campo da Feira para iniciar dende alí un percorrido pola vila de Ordes
Máis de trescentos corredores de todas as idades déronse
cita hoxe no V Cross Ambiental e II Andaina Concello de Ordes ‘Memorial José
Estebo’.
Dende as 16:00 horas, os participantes
concentráronse no Campo da Feira para iniciar dende alí un percorrido que transcurría tanto polas inmediacións como por algunhas das rúas da vila
ordense. Uns tramos que ían dende os cen metros ata os dez quilómetros según a categoría.
Entrega de premios
Ao final da tarde o concelleiro de Cultura,
Ramón Vázquez Raña, foi o encargado de entregar os trofeos, medallas e premios en
metálico que acadaron os mellores atletas. Tamén houbo sorteo de
agasallos sorpresa entre todos os inscritos.
*