O denuncia o Partido Popular de Ordes, quen afirma que o informe de fiscalización do Plan E "lle saca os colores" ao Concello
Martínez Sanjurjo: "unha vez máis, o Concello de Ordes deixou de lado o
interese xeral, ignorou a legalidade e desentendeuse dos intereses dos veciños"
O Partido Popular de Ordes anunciou esta tarde que "as anomalías
que caracterizan a xestión do Concello de Ordes continúan aflorando" e, nesta
ocasión, "é o Tribunal de Cuentas o que lle saca as cores ao alcalde ordense ao
poñer de manifesto a existencia de polo menos catro irregularidades na contratación
das obras de reforma do tanatorio municipal, financiadas con cargo ao Plan E".
Así segundo os populares, o Tribunal
de Cuentas revela que na reforma do tanatorio municipal de Ordes non se levou a
cabo a supervisión do proxecto prevista no artigo 9 da lei contratos
sector público, que se adxudicou o contrato antes da aprobación do expediente,
que se incumpriu o requisito de execución inmediata, e que non se incorporou
cláusula de penalización por incumprimentos de contratación en catro contratos
formalizados polo Concello de Ordes.
O PP de Ordes recorda que xa no seu momento denunciou o sobrecuste e as supostas irregularidades na obra de ampliación do tanatorio, situación que agora confirma un órgano constitucional do Estado.
Contratación de desempregados
"Chama a
atención, aseguran dende o PP local, e así o sinala o Tribunal de Cuentas, que pese a que o fondo
estatal inversión local estaba orientado ao fomento do emprego e a
contratación de desempregados, o Concello de Ordes non incluíse cláusulas específicas
para penalizar ás empresas adxudicatarias no caso de que estas non creasen os
empregos aos que se comprometeran".
José Luis Martínez Sanjurjo (PP). |
As frases de José Luis Martínez Sanjurjo, portavoz municipal do PP de Ordes
“O informe
do Tribunal de Cuentas é unha excelente radiografía do Goberno de Regos, no que
as chapuzas e os amaños campan ás súas anchas, mentres o Concello se afunde máis
e máis cada día, obrigado a pagar unha débeda millonaria”
“Lamentablemente,
unha vez máis, e o Tribunal de Contas así o verifica, o Concello de Ordes
deixou de lado o interese xeral, ignorou a legalidade e desentendeuse dos
intereses dos veciños, dado que o alcalde nin sequera habilitou os mecanismos
necesarios para que nas cuestionadas obras se contrataran persoas
desempregadas”
*