Os populares de Ordes consideran que dada a "gravidade das anomalías detectadas, alguén debería asumir responsabilidade políticas"
O Partido
Popular de Ordes reclamará no pleno de hoxe e do
alcalde explicacións sobre as irregularidades detectadas polo Tribunal de
Cuentas nas obras de ampliación do tanatorio municipal, financiadas con cargo
ao Plan E.
José Luis
Martínez Sanjurjo, portavoz municipal do PP de Ordes, formulará unha batería de
preguntas no Pleno para tentar que o alcalde dea a cara a explique por qué non
se supervisou o proxecto, porqué se adxudicou o contrato antes da aprobación do
expediente, por qué non se esixiu a execución inmediata e por qué non se esixiu a contratación de parados de
Ordes.
O Informe de Fiscalización de las
contrataciones desarrolladas por las entidades locales en relación con las
inversiones financiadas por el fondo estatal de inversión local creado por el Real Decreto-Ley 9/2008, de 28
de noviembre publicado polo Tribunal de Cuentas, desvela que na reforma do
tanatorio municipal de Ordes non se levou a cabo a supervisión do proxecto
prevista no artigo 9 da LCSP (Lei contratos sector público), que se adxudicou o
contrato antes da aprobación do expediente, que se incumpriu o requisito de
execución inmediata, e que non se incorporou cláusula de penalización por
incumprimentos de contratación en catro contratos formalizados polo Concello.
“Levamos
moito tempo chamando a atención sobre as anomalías de xestión do Concello de
Ordes, e este informe do Tribunal de Cuentas acredita a veracidade das
denuncias efectuadas polo Partido Popular”, afirma Martínez Sanjurjo, que
considera que, dada a gravidade das anomalías detectadas, “alguén debería
asumir responsabilidade políticas; ben o alcalde, ben o concelleiro responsable
desas obras”. “Á vista dos feitos, calquera podería pensar que Ordes é un
concello sen lei, polo escaso cumprimento das normas que caracteriza o proceder
do equipo de Goberno local”, conclúe o portavoz do PP local.
Outros
asuntos
Ao pleno
previsto para o vindeiro xoves, e ademais dos asuntos que quedaron pendentes do
pleno ordinario de abril, o Partido Popular de Ordes trasladará tamén, entre
outros, os seguintes asuntos:
1) Moción para instar ao Concello de Ordes a adoptar
medidas para minimizar e compensar os danos ocasionados polo xabaril no
contorno do encoro de San Cosmade, nas parroquias de Leira e Ardemil.
2) Rogos:
- Controlar os farois de alumeado público que permanecen
acendidos as 24 horas e reparar os avariados.
- Repintar o paso de peóns da rúa Rosalía de Castro,
preto da intersección coa Rúa Nova.
- Corrixir as deficiencias que subsisten logo das obras
efectuadas nunha parte do mercado do campo da feira e que impiden que
veciños e vendedores podan acceder a un tramo sobreelevado situado entre
a Rúa do Muíño e o Campo da Feira.
- Preguntas:
- Sobre o custe das obras efectuadas na fonte de
Faramilláns (Buscás).
- Sobre o importe ao que ascende a totalidade das
facturas aboadas, e pendentes de pagamento por parte do Concello de
Ordes, en concepto de asesoramento
e defensa xurídica, desde o comezo do pasado mandato.
- Sobre as previsións do Concello de Ordes en
relación coa posta en servizo do novo depósito de auga potable de Merelle,
rematado hai dous ano, pero sen conexión á rede de abastecemento por un
erro municipal.
- Sobre os contratos tramitados polo Concello de Ordes, especificando cales se tramitaron por procedemento negociado sen publicidade, o máis utilizado polo equipo de Goberno.
- *