Inscricións na Casa do Concello ata o 16 de maio a un prezo de cinco euros por persoa
O vindeiro 26 de
maio o Concello de Ordes celebrará a súa tradicional Xuntanza de maiores. Unha
cita que terá como principal escenario o pazo do Bidueiro, onde a partir das
13:30 horas se celebrará unha misa que estará seguida dun xantar.
Para participar é preciso inscribirse na mesma Casa do Concello ata o 16 de maio, presentando o DNI e cun prezo de cinco euros
por persoa.
*