miércoles, 8 de mayo de 2013

Ordes prepárase para a súa primeira festa da xuventude


Actuarán a orquestra Olympus, os DJs de Radio Líder e Tania Veiras

Ordes acollerá o próximo 16 de maio a súa I Festa da Xuventude ‘Movida Ordes’. A cita será de balde para todos os que desexen asistir e terá lugar a partir das 22:00 horas no Campo da Feira, onde se instalará un gran escenario.

A orquesta Olympus, os pinchadiscos de Radio Líder Marcos Magán,  Manu López, David Espósito e DJ Charlie, Henry Méndez ou a televisiva Tania Veiras serán algúns dos artistas que farán bailar ata altas horas aos milleiros de persoas que se agardan. 

A I Festa da Xuventude ‘Movida de Ordes’ está organizada pola asociación Movida Ordes, en colaboración co Concello de Ordes, Zambra Agency, Roster Music e Galicia Espectáculos.

*