Máis de 200 estudantes dos distintos centros da comarca amosarán as súas dotes musicais.
Mañá venres a discoteca
LP45 acollerá dende as 21:00 horas a gran gala de Operación Ordes, na que
participarán máis de 200 alumnos e alumnas dos distintos centros da comarca
amosarán as súas dotes musicais.
Non serán os únicos que formen parte do cartel
de participantes, xa que tamén se contará coa participación de Carlos Gende
‘Xerendal’, máximo expoñente galego de dos estilos ragg e bix box, entre outras
sorpresas. Á gala poderán acudir todos aqueles que o desexen por tan só dous euros.
Gran final
A Casa da Cultura de Ordes foi o lugar
escollido recentemente para a celebración da gran final da primeira edición
deste concurso musical. Os gañadores
na modalidade de alumnos de Primaria ata 2º da ESO foron As pandereteiras, do IES Maruxa Mallo.
A interpretación do tema O Verdegaio supósolles o
primeiro posto e alzarse co cheque de 200 euros. Os falcatrueiros, formación
composta por alumnos do IES Nº1 e do Castelao, e Twisted Brothers ocuparon os
segundo e terceiro lugar respectivamente con cheques de 100 e 50 euros cada un
deles.
O primeiro premio para os alumnos a partir de 3º da ESO foi para o
grupo Con Sentidiño, un dúo de hip hop composto por dúas rapazas que nesta
ocasión foron as únicas que se atreveron cunha interpretación orixinal. Sheila
Rodríguez e Alba Docampo alzaronse coa segunda e terceira posición.
Ao final do
evento a todos eles se lles fará entrega dos seus cheques, que foron doados
pola Asociación de Comerciantes de Ordes. Os organizadores tamén contan
nesta ocasión coa colaboración do Concello de Ordes.
*