Xesús Pedreira e o candidato á Presidencia da Xunta de Galicia polo PSdG-PSOE, Pachi Vázquez, durante un encontro con afiliados e simpatizantes socialistas en Ordes, en xaneiro do 2010. |
Tamén formará parte da lista electoral socialista a veciña de Trazo Paula Castiñeiras Iglesias
O exalcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, velará pola comarca de
Ordes dende as filas socialistas do Parlamento de Galicia
O concelleiro ordense do grupo municipal socialista e
secretario da Agrupación local de PSdG-PSOE de Ordes, Xesús Pedreira Mirás, pechará, como terceiro
reserva, as listas electorais da provincia da Coruña que encabeza o exministro
de Xustiza, Francisco Caamaño Domínguez.
Así, tal e como aconteceu na pasada lexislatura coa cercedense Silvia Fraga Santos–e que agora se cae das listas-, a comarca Ordes estará representada por un ordense na campaña electoral dos socialistas coruñeses. Pedreira estará ademais acompañado por outra veciña da nosa comarca, Paula Castiñeiras Iglesias, unha xoven estudante universitaria natural de Trazo, que ocupará o posto número 12 ou 13 nas listas socialistas coruñesas.
Posto de honra
Agora, que finalmente Castiñeiras e Pedreira se convirtan en parlamentarios dependerá dos propios electores e dos
posteriores movementos e saídas das listas nun hipotéctico goberno socialista
de Xunta de Galicia. En todo caso, o concelleiro de Ordes ocupará un posto considerado de honra que
dificilmente pode chegar a ter consecuencias políticas.
O que si será certo é que, salvo catástrofe electoral dos socialistas, a
comarca de Ordes será velada na bancada socialista do Parlamento de Galicia polo
exalcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, número tres das listas tras Caamaño
e Xosé Luis Méndez Romeu.
*