A cantante luguesa Lucía Pérez. // TVE. |
A cantante luguesa, participante en Eurovisión 2011, nos fará bailar co seu hit 'Que me quiten lo bailao'
Os veciños e veciñas da parroquia
ordense de Santa Cruz de Montaos prepáranse para vivir unha fin de semana de
celebracións por mor das festas na honra a Santa Cruz.
Os actos festivos darán comezo o venres 14 a partir das 13:30 horas cunha misa, á que seguirá unha sesión vermú a cargo da orquesta Principal. Xa
pola noite os integrantes desta formación volverán a subir ó escenario, esta
vez acompañados da orquesta Salsa Rosa.
Sábado 15
O sábado 15 novamente volverá a haber unha misa ás
13:30 horas. Posteriormente a orquestra Bahía Blanca animará a todos os
presentes tanto na sesiòn vermú como na verbena nocturna. Unha noite na que
ademais a eurovisiva Lucía Pérez fará bailar a todos co seu éxito 'Que me
quiten lo bailao', entre outros.
Podes ver a actuación de Lucía durante a súa participación en Eurovisión 2011 baixo estas liñas:
*