Un servizo informático dispoñible polas mañás ata o 10 de setembro no Departamento de Estatística
Consultas tamén no teléfono gratuíto 900 101 900
Co obxectivo de facilitar o dereito a voto
de cara aos comicios autonómicos do vindeiro 21 de outubro, o Concello de Ordes
pon a disposición de todos os veciños e veciñas un servicio informático onde
consultar as listas electorais cos datos de cada un dos votantes. Nel constan
tanto os datos dos españois residentes en España (CER), como os que residen no
extranxeiro (CERA).
Estas consultas poderán levarse a cabo ata o próximo día 10 de setembro en horario de 09:00 a 14:00 horas no primeiro andar da Casa do Concello. Dende o Departamento de
Estatística do Concello de Ordes ínstase especialmente aos grupos que poidan
verse afectados, como é o caso daquelas persoas que acaban de acadar a maioría
de idade ou os que cambiaron recentemente de enderezo.
Consultas telefónicas
Ademais das consultas on line tamén se dispón do teléfono gratuito 900
101 900. Calquera reclamación sobre posibles erros poderá tramitarse no
Departamento de Estatística do Concello no horario especificado anteriormente.
*