José Luis Martínez Sanjurjo, segundo pola dereira, durante a súa presentación como candidato á alcaldía de Ordes, en novembro do 2010. |
O PP de Ordes convida a Xesús Pedreira a "pedir perdón á veciñanza" do noso municipio
Tras últimas afirmacións de Xesús Pedreira, secretario xeral do PSdG-PSOE de Ordes, que segundo o PP de Ordes "non foi capaz de
aportar probas documentais coas que respaldar as acusacións falsas que vertera
previamente contra o PP local en
relación coa rolda leste", o PP de Ordes considera acreditado que a
mentira constitúe a "norma de conduta cotiá" do concelleiro socialista.
O Partido
Popular convida así ao concelleiro socialista a pedir perdón ao conxunto dos veciños
de Ordes logo de ter sido "cachado nunha mentira evidente". Dende o PP local aseguran que se Pedreira mentiu acusando
ao PP de ter impulsado mocións en contra da rolda leste, afirmación segundo o PP "falsa xa que
non foi quen de documentar", resulta evidente que Pedreira "tampouco terá escrúpulos
políticos para mentir en calquera outro asunto". Pedreira, rematan dende o PP, "ignora que non todo
vale, nin na política, nin na vida en xeral".
As frases de José Luis Martínez Sanjurjo, portavoz municipal do PP de Ordes
"Se o
concelleiro socialista de Ordes cree que con mentiras e acusacións falsas
poderá borrar da memoria a súa condición de acólito de Zapatero, que levou
España ao borde da quebra, é evidente que se equivoca"
"Os ordenses, como o conxunto dos galegos e dos
españois, non esquecerán en moitas décadas a xestión desastrosa desenvolvida
polo PSOE"
"Dende o
PP de Ordes animamos ao concelleiro socialista de Ordes a continuar desenvolvendo
a mesma estratexia que seguiu ata o de agora, coa seguridade de que lle seguirá
reportando severos reveses electorais para o PSOE, que viu reducida a súa
representación na Corporación de Ordes a un terzo da anterior, castigo que se
repetiu logo nas Eleccións xerais e como volverá suceder nos comicios galegos
do próximo 21 de outubro"
*