Dirixidas a escolares con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos
O Concello de Ordes ven de facer públicas as
actividades extraescolares que ofertará este ano e que complementan ás
organizadas polas ANPAS dos centros académicos. Trátase dos cursos de patinaxe,
aerobic, baloncesto e manualidades.
Inscricións
As
clases están dirixidas a rapaces e rapazas con idades comprendidas entre os 3 e
os 12 anos. Os interesados poderán inscribirse entre o 10 e o 20 de setembro e deberán cumplimentar a correspondente ficha que lles será entregada no
centro de ensino e que posteriormente deberán entregar no departamento de Educación e
Cultura do Concello de Ordes.
*