Xesús Pedreira, do PSOE de Ordes. |
As obras estarán rematadas antes de finais de ano
O pasado martes18, o Concello de Ordes aceptou a petición presentada
polos socialistas ordenses e investirá 52.675 euros en obras de mellora do
alumeado público das rúas Nova e dos Lagartos, dúas das máis transitadas na
Vila de Ordes.
O secretario xeral da Agrupación Socialista de Ordes, Xesús
Pedreira, celebra a decisión tomada esta mañá na Comisión de Urbanismo xa que
“dá cumprida resposta aos problemas de luz que sofren os veciños da rúa dos
Lagartos e da rúa Nova”.
Substitución das luminarias
As obras comezarán a executarse o vindeiro mes de
novembro e estarán rematadas antes de finais de ano. Os traballos suporán a
substitución das actuais luminarias por outras das mesmas características ás
utilizadas no resto da vila.
“As actuais luminarias non teñen moita capacidade
lumínica e en moitas ocasións se apagaban pois lles entraba auga, o que motivou
moitas queixas dos veciños que recollemos dende a Agrupación Socialista”,
explica Pedreira Mirás.