Martínez Sanjurjo (esq.) e Estrella Vázquez (der.), durante a celebración da Xunta Directiva Provincial, o pasado martes en Ribeira // Foto: TVG |
Martínez Sanjurjo e Estrella Vázquez deberán convencer a Diego Calvo e Álvarez-Campana da conveniencia de incluír a lo menos a un ordense na lista electoral
Xunto a
outros seiscentos afiliados chegados de toda a provincia, o portavoz municipal
do PP de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, e a presidenta da Xestora local,
Estrella Vázquez, participaron onte na reunión da Xunta Directiva Provincial do
Partido Popular de Galicia á que non faltou o seu presidente, Alberto Núñez
Feijóo. O ribeirense Hotel Palmeira quedouse pequeno para acoller o encontro co
que, extraoficialmente, deu comezo a precampaña dos populares de cara aos comicios autonómicos do 21 de outubro.
A campaña popular na nosa provincia estará comandada polo secretario xeral do PPdG e presidente
da Deputación da Coruña, Diego Calvo, quen foi nomeado director da campaña. A súas
ordes estará o coordinador provincial, o parlamentario José Manuel Álvarez-Campana. Que sexan eles dous a quenes os populares ordenses deberán convencer á hora de incorporar
nas súas listas o nome de a lo menos un ordense é algo que a día de hoxe "ainda non está nada claro".
Fontes populares consultadas por Ordessiete aseguran que todavía non se coñece a fórmula de selección de candidatos a parlamentarios que escollerá o PPdG. Eso si, sabe que existen dúas opcións: unha proposta de candidatos por parte das diferentes agrupacións locais e unha toma en consideración final por parte da Executiva provincial; ou ben aceptar “unha decisión dende arriba”.
Martínez Sanjurjo (no circulo vermello) durante o acto de apoio ao PP celebrado en Soutomaior (Pontevedra), o pasado domingo // Foto: El Correo Gallego. |
Representación ordense
Os populares dividiron a súa representación na provincia en diferentes comarcas, e Ordes pertence á denominada ‘Santiago Norte’ xunto ás agrupacións locais de Mesía, Trazo, Oroso, Tordoia, Frades, Arzúa, Melide, Toques, Touro, Santiso e O Pino. O seu coordinador é o alcalde deste último municipio, Manuel Taboada, quen estará obrigado a velar, xunto con Martínez Sanjurjo e Vázquez, polos intereses representativos dunha ‘comarca’ cuns 60.000 habitantes -dúas veces a poboación de Carballo ou a suma dos veciños dos concellos de Arteixo e Culleredo-, que como aseguran outras fontes próximas ao PP de Ordes, "non debería quedar orfa" dúas lexislaturas seguidas nas filas populares do Parlamento de Galicia.
"Iso de que o PP de Ordes está dividido son parvadas"
Sen embargo o que si parecen ter claro Martínez Sanjurjo, Vázquez e compañía, son os obxectivos de campaña que lles foron expresados polo propio Núñez Feijóo: acadar o parlamentario
número trece, un máis dos que gozan na actualidade, e en Ordes están dispostos a gastar todas as enerxías en contribuir de manera significativa a acadar este logro. “Iso
de que o PP en Ordes está dividido e que hai diferencias dentro do grupo
municipal son parvadas” aseguran as fontes consultadas. “Estamos todos
nunha piña co presidente Feijóo para definitivamente nesta próxima lexislatura, sair da crise económica na que nos meteron os socialistas”, aseguran.
Así as cousas, nos próximos
días os populares ordenses convocarán unha reunión local onde diseñarán unha
proposta de calendario que farán chegar directamente a Diego Calvo. O obxectivo dos ordenses é non perder presencia e peso na organización provincial, e para iso agardan poder repetir a organización da presentación oficial da candidatura provincial, como xa acontecera nas pasadas eleccións. O 11 de febrero do 2009,
dezaoito días antes da cita coas furnas, os populares da provincia déronse a coñecer públicamente nun acto na discoteca Elepé 45, acto ao que, dende logo, non faltou o seu candidato, Alberto Núñez Feijóo.
Moi lonxe todavía de poder confirmarse este extremo, o que si poden asegurar dende o PP
de Ordes é que o noso concello acollerá a lo menos “un mitin forte”, o principal da nosa
comarca, coa presenza “prácticamente confirmada” do seu candidato á
presidencia da Xunta de Galicia. Unha visita envenenada a de Feijóo a Ordes xa que Martínez Sanjurjo e
Vázquez deberán afrontar a dificil papeleta de terlles que explicar aos veciños
por que Núñez Feijóo non viu nin unha soa vez a Ordes de xeito oficial como
presidente da Xunta de Galicia nestes tres anos e medio de Goberno, e
si o o fará como candidato na procura de apoio electoral.
Núñez Feijóo durante a visita que realizou ao centro de atención primaria de Sigüeiro, o 24 de xaneiro do 2012. |
As visitas de Feijóo a Ordes
Dende o ano 2009, Alberto Núñez Feijóo estivo en Ordes a lo menos en catro ocasións, sempre en actos
electorais do seu partido ou de maneira privada: co gallo do xa citado acto do 11 de febreiro do 2009, en maio
do 2011 para participar nun mitin das eleccións locais, o 17 de
novembro dese mesmo ano nun xantar na discoteca Elepé 45 con afiliados
e simpatizantes, e finalmente en marzo deste ano, na celebración doutro xantar
no restaurante Avelino, no que convidou a diferentes xornalistas para demostrarlles
a boa calidade dos grelos da nosa comarca.
O 10 de maio
do 2011, Núñez Feijóo e polo aquel entonces xefe da oposición, Mariano Rajoy,
arroupaban ao candidato popular á alcaldía de Santiago, Gerardo Conde Roa,
nunha cea mitin no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela. Ali, Feijóo
dixo que España ía cambiar un presidente con ideas peregrinas que nunca veu a
Galicia [por José Luis Rodríguez Zapatero] por un galego peregrino e con ideas
que se chama Mariano Rajoy”. Agora Feijóo será prisioneiro cos ordenses desas súas propias palabras.
Sen embargo, fontes
próximas ao PP de Ordes atribúen as ausencias do presidente da Xunta de Galicia
no noso municipio a dous feitos: a “falta de proxectos significativos en
Ordes” durante o seu mandato, e á “xélida relación persoal” que mantén co alcalde,
Manuel Regos.
Respecto á primeira, o presidente da Xunta foi convidado oficialmente polo
Concello de Ordes en catro ocasións: co gallo da inauguración das Expo Ordes
dos anos 2010 e 2012, e das inauguracións da primeira e segunda fase da ronda leste, en
agosto do 2010 e maio do 2012, respectivamente. Todas elas foron declinadas pola Presidencia da
Xunta e desviadas a diferentes delegados que actuaron na súa representación.
Respecto á ronda leste, as obras foron eloxiadas polo conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, nas que a Xunta investiu 2,1 millóns de euros e que logrou o desvío definitivo do tráfico pesado -4.000 coches ao día- do centro da nosa vila. Unha intervención históricamente reclamada polos nosos veciños durante décadas e que agora por fin é unha realidade. Quizá para a Presidencia da Xunta este feito non estea a altura de ser inaugurado por un presidente autonómico, pero sen
embargo, Núñez Feijóo si aceptou visitar o novo centro de atención
primaria de Sigüeiro -preparado para atender ata a 12.000 persoas-, o 24 de xaneiro deste ano, e na que a Xunta investiu menos fondos que na ronda leste de Ordes.
"Feijóo traballa rodeado de ordenses"
Fontes do PP
de Ordes aseguran que ainda e que é certo que “pouco se fixo en Ordes nestes
tres anos e medio”, a Xunta si foi quen de respectar o que xa foi pactado e non
botou nada para atrás”. Ademais, aseguran, “o presidente está perfectamente
enterado non só do que acontece en Ordes, senón que ademais traballa rodeado
de ordenses”. Se refiren esas fontes a súa secretaria persoal e algúns membros da súa
seguridade personal, todos eles veciños do noso municipio.
Respecto ás “xélidas
relacións” entre Feijóo e Regos, unha entrevista publicada en Ordessiete a Teodosio
Martino, por aquel entonces portavoz municipal do PP de Ordes, o 12 de novembro
do 2008, resulta ser moi clarificadora das relacións, a elegancia política e a distinción que a xuizo do histórico lider popular local, un presidente da Xunta e un alcalde
deben manter, lonxe das cuestións persoais.
Logo de que Teodosio
Martino rompera co PP e gañara a alcaldía con Democracia Galega en 1991, Manuel
Fraga, por aquel entonces presidente da Xunta de Galicia, non tivo reparo algún
en vir a inaugurar o Punto Limpo de Ordes a principios de 2002. “Y descuida que pusiera para
adelante a los del Partido Popular. Roberto González -hoxe concelleiro con UxO-, que era el portavoz del
grupo municipal del PP de Ordes en aquel tiempo se metía para adelante y Fraga
decía, oiga, Martino, que usted es el alcalde, pase para aquí. Y me ponía a su
lado”, explica o exalcalde popular.
Pérez Touriño en Ordes
Así, de
perder as eleccións, Alberto Núñez Feijóo será o único presidente da Xunta de Galicia
que non visitou Ordes de maneira oficial durante o seu mandato. O último en
facelo foi o socialista Emilio Pérez Touriño, quen visitou o noso concello o 26 de xaneiro
do 2008 xunto a pola aquel entonces ministra de Agricultura, Pesca e
Alimentación, Elena Espinosa, co gallo dun acto informativo sobre
a lei de desenvolvemento sostible do medio rural organizado por Unións Agrarias
na discoteca Elepé 45.
Sexa como fora, o luns 17 de setembro as listas dos partidos concurrentes haberán de ser publicadas
no BOP e os populares da provincia especulan con tres nomes como cabeza do seu cartel: os de Belén do Campo, Pedro Puy ou Paula Prado. Unha carreira de nove días na
que Martínez Sanjurjo, Estrella Vázquez e os seus afiliados deberán convencer
a Calvo e Álvarez-Campana da conveniencia de contar a lo menos cun ordense nas
súas listas ou verse resentidos a que alguén de fora veña a representalos.
*