Os alcaldes comarcais, reunidos esta mañá nos baixos da Alameda de Ordes. |
O pleno de Mancomunidade
de Municipios da Comarca de Ordes, que se reuniu esta mañá na capital comarcal,
aprobou de maneira definitiva a Conta Xeral da entidade correspondente ao
exercicio económico de 2011. O documento, que xa fora validado inicialmente
nunha sesión plenaria anterior, superou a fase de exposición ao público sen
recibir ningunha alegación, reclamación ou suxestión, de maneira que hoxe
puidose cumprimentar o trámite.
Datos de carácter persoal
Ademais, na sesión de
hoxe aprobouse un regulamento para a xestión de ficheiros de datos persoais por
parte da entidade supramunicipal. Con esta normativa, a Mancomunidade culmina a
súa adaptación á lei orgánica de protección de datos e dótase dun instrumento
que lle garante aos cidadáns que a utilización dos datos persoais que obran no
poder desta administración se fai con plena seguridade e cun procedemento
protocolizado, tanto en ficheiros automatizados como os que se almacenen noutro
tipo de soportes máis convencionais.
A reunión plenaria desta
mañá estivo presidida polo presidente da Mancomunidade e alcalde de Ordes,
Manuel Regos Boquete, e á mesma asistiron os alcaldes de Cerceda, José García
Liñares; de Frades, Miguel Prado Patiño; de Mesía, Mariano Iglesias Castro; de
Oroso, Manuel Mirás Franqueira; e de Tordoia, Antonio Pereiro Liñares. O
rexedor de Trazo, José Dafonte Varela, excusou a súa ausencia por razóns de
axenda.
*