Terá lugar o 10 de outubro en horario de 10:00 a 13:00 horas
Información e inscricións no teléfono 981 680 002
O próximo 10 de outubro o salón de
actos da Casa da Cultura de Ordes acollerá de 10:00 a 13:00 horas a celebración do
seminario ‘Dinamizar para emprender. Seminario para a difusión da cultura
emprendedora’, cuxo principal obxetivo é o fomento da cultura emprendedora e do
autoemprego.
Unha inciciativa cuxo prazo de inscrición permanecerá aberto ata o
próximo 28 de setembro na axencia de emprego e desenvolvemento local, ubicada
no primeiro andar da Casa do Concello.
Programa
O programa terá unha duración aproximada de tres horas nas que se abordarán
aspectos relacionados cos emprendedores, as ideas que estes pretenden
desenvolver, así como a súa posta en marcha. Ademais se contará coa
intervención dun emprendedor local, que tamén participará no debate que pechará
o encontro.
Para levar a cabo este seminario aplicarase unha metodoloxía adaptada a
un amplo abano de destinatarios, que abranguen dende persoas con inquedanzas
emprendedoras desempregados, traballadores en activo e estudantes.
O seminario ‘Dinamizar para emprender. Seminario para a difusión da
cultura emprendedora’ está organizado pólo Centro Europeo de Empresas e
Innovación de Galicia (BIC Galícia) e o Concello de Ordes.
Os interesados poden
obter mais información a través do telefono 981 680 002.