O censo electoral poderase consultar na Casa do Concello ata o luns en horario de 09:00 a 14:00 horas
O Concello de Ordes informa que xa se ten iniciado o procedemento de elaboración das listas de candidatos a
xurado por mor das próximas eleccións autonómicas. Un procedemento que se realiza sobre a base do censo electoral vixente.
Dita lista municipal permanecerá exposta ó público en soporte informático nas
oficinas de estadística ubicadas na Casa do Concello. Éstas poderán ser consultadas
de 09 a 14:00 horas entre os días 18 e 24 deste mes.
Sorteo
O sorteo para a confección das listas de candidatos a xurado se levará a
cabo o vindeiro día 26 ás 12:00 horas na sala de xuntas da oficina do censo
electoral, ubicada no número 12 da rúa Adelaida Muro, na cidade de A Coruña.
*