domingo, 23 de septiembre de 2012

O Recreo botouse á rúa para celebrar as súas festas de Lurdes


Celebraron a procesión da Virxe polo centro da vila

Os veciños e veciñas da rúa O Recreo viviron o pasado domingo un día de celebración na honra da Virxe de Lurdes. O acto central da xornada tivo lugar na igrexa parroquial de Santa María de Ordes, onde a mediodía tivo lugar unha misa

A continuación a imaxe da Virxe saliu en procesión polas principais vías da vila. Á cita acudiron centenares de veciños e veciñas, entre os que se atopaban varios membros da corporación municipal. En representación do Goberno local estaba a concelleira de Diversidade Funcional, Lucía Iglesias


Tradición
Tal e como marca a tradición, moitos domicilios ubicados nesta zona de Ordes acolleron hoxe a familiares e amigos para desfrutar dun convite na mellor compaña.

*