Son requisitos indispensables o título da ESO, nivel CELGA 2 e saber nadar
Inscricións na oficina de emprego da Casa do Concello
O Concello de Ordes ven de informar que ata
o próximo xoves permanecerá aberto o prazo de inscrición para asistir ao curso
de socorrista en instalacións acuáticas. Os interesados deberán apuntarse na
oficina de emprego ubicada no segundo andar da Casa do Concello.
Como requisitos indispensables esíxese estar
en posesión do título de ESO, do nivel Celga 2 e ademais saber nadar. Este curso
constará de 408 horas de formación teórica e práctica que se impartirán de 08:00 a
15:00 horas,tanto na Casa da Cultura como na piscina municipal climatizada dende o
12 de setembro ata o 4 de decembro.
Para este venres está prevista unha
selección entre todos os inscritos a partir das 09:30 horas na Casa da Cultura.
*