En primeiro término, de camisa azul, Xosé A. Sánchez Bugallo e Paula Castiñeiras ao seu carón; detrás, Xesús Pedreira. |
Trazo e Ordes estarán representados nas listas do PSdG-PSOE para as eleccións autonómicas do 21 de outubro
O secretario xeral da Agrupación Socialista de Ordes, Xesús Pedreira, compartiu o pasado venres con Xosé A. Sánchez Bugallo e Paula Castiñeiras Iglesias, candidatos número 4 e 12
das listas do PSdeG-PSOE ás eleccións autonómicas do 21 de outubro, unha xornada festiva cos veciños e veciñas de Trazo co gallo da tradicional
Festa de San Mateo. Unha festa que reuníu en Vilouchada a centos de persoas
chegadas non só das distintas parroquias de Trazo, senón tamén de municipios
veciños como Oroso, Ordes ou Tordoia.
Xornada de festa
Outros destacados socialistas participantes foron a voceira municipal socialista de
Trazo, Beatriz Domínguez; o secretario xeral da Agrupación Socialista de Oroso, Manuel
Mirás; así como o coordinador comarcal dos socialistas
e deputado provincial, Antonio Leira. Todos eles compartiron unha xornada de
festa cos centos de veciños e veciñas reunidos no campo de festa de Vilouchada.
*