Misa, sesión vermú, charanga, gaitas para a tradicional romería da parroquia ordense
En colaboración co Concello de Ordes, o pasado domingo 16 e luns 17 de setembro, a parroquia ordense de Leira celebrará a súa tradicional
romería de Santa Eufemia.
No primeiro dos días houbo unha misa ás 13:30 horas tras a que
se deu paso á sesión vermú a cargo da orquestra Fania Blanco Show.
Xa pola tarde volveu a haber misa ás 19:00 e ás 20:00 horas e posteriormente deu comenzo a verbena nocturna, que contou novamente coa orquesta Fania Blanco
Show e La Bámbola. Ademais
de todo isto durante todo o día na parroquia resoaron os ritmos e a música de
charanga e a dos gaiteiros Embruxo de Leira.
Programa do luns
De cara o luns o programa incluiu unha misa solemne ás 13:30 horas. Tanto
a sesión vermú como a cita nocturna contou coa actuación da orquestra
Estrellamar. Acompañándoos neste último pase estivo tamén a orquesta París de
Noia.
*