Ana López Brey, directora da biblioteca municipal de Ordes, cunha mostra de libros. |
Máis de 230 títulos novos forman xa
parte do fondo bibliográfico da biblioteca municipal de Ordes. Os
responsables do centro destacan as obras de terror xuvenil, que tanta demanda
están a ter nestes últimos anos, así como títulos tan coñecidos como 50
sombras de Grey, Palmeras en la nieve ou La sangre de los inocentes. En
relación a este aspecto hai que destacar o incremento no número de doazóns
particulares, moitas delas rexistradas dende o inicio da campaña de comodato entre particulares ‘Lendo compartimos’. Unha iniciativa que ten rebasado con
creces as previsións iniciais da organización.
Tardes de contos e lendas
Por outra banda, o pasado venres deuse a coñecer o regreso das ‘Tardes de contos e
lendas’ a partir do próximo mes de outubro. Tal e como viña acontecendo terán
lugar o último venres de cada mes na mesma biblioteca. O obxetivo é o de
achegarlle ós máis novos a literatura e a biblioteca dun xeito divertido á par
que se fomenta o hábito á lectura. Tamén está prevista a reanudación en breve de
‘Encontros con...’, unha actividade que pon en contacto grupos culturais,
profesionais e xente de diversos ámbitos co fin de compartir experiencias e
ampliar coñecementos.
No que respecta á
nova tempada das visitas escolares os encargados de abrila serán os alumnos de
ESO do IES Maruxa Mallo. Concretamente serán os días 28 de septembro e 5 de
outubro en horario de mañá cando acudan á biblioteca para realizar un
percorrido por todas as instalacións e coñecer cada un dos servizos que se
prestan.
Outro aspecto que caracteriza á biblioteca de Ordes é o notable
incremento no seu número de socios, que actualmente superan xa os 1.700. Moitos
destes usuarios proveñen doutros concello de comarca, animados polos servizos que
se comodatan, polo número de exemplares que posúe o centro, así como polo seu
amplo horario de apertura.
*