martes, 3 de abril de 2012

O Centro de Atención á Muller de Ordes atende a consultas en 51 idiomas

Se trata dun servizo gratuíto no teléfono 900 400 273

O presidente da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes, Manuel Regos, mostrou hoxe públicamente a súa satisfacción polo servizo de teletradución que o Centro de Información á Muller (CIM) ven prestando a veciñas inmigrantes residentes na zona. Este servizo permite ás usuarias e o persoal do CIM comunicarse telefónicamente cunha intérprete desde o mesmo centro situado nos baixos da Alameda ordense. Tamén se ofrece a posibilidade de realizar unha chamada a tres para que poidan comunicarse conxuntamente a usuaria, os técnicos do CIM e a intérprete. O seu teléfono gratuíto é 900 400 273

O árabe, o máis empregado   
Actualmente o servizo de teletradución engloba un total de 51 idiomas, sendo o árabe o máis empregado no caso das consultas atendidas en Ordes. É gratuíto e está operativo as 24 horas do día durante todo o ano no caso dos idiomas galego, castelán, inglés, francés, alemán, árabe, romanés e chino. Os demáis idiomas (catalán, italiano, holandés, portugués, turco, búlgaro, ruso, brasileiro, polaco, cantonés, farsi, eslovaco, bambara, urdu, siniki, danés, noruegués, servo-croata, checo, coreano, euskera, grego, húngaro, finés, xaponés, armenio, ucraniano, mandica, tailandés, afgano, esloveno, albanés) están dispoñibles todos os días laborais, de luns a venres, en horario de 08:00 a 18:00 horas

Manuel Regos Boquete.
As frases de Manuel Regos, presidente da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes
 “Este é o tipo de iniciativas que dende unha Mancomunidade e co apoio da Secretaría Xeral de Igualdade se poden levar a cabo cuns resultados que se traducen nunha mellora da calidade de vida"

"Non se pode esquecer que con este tipo de servizos contribuimos á integración daquela poboación chegada doutros países. Algo que forma parte das nosas funcións e que estamos obrigados a facer polo ben de todos”

"Esta plataforma de comunicación ten gran importancia para que todas as mulleres inmigrantes teñan garantido o acceso á información e aos recursos dispoñibles. Tamén poderán facer consultas sobre prestacións ou axudas económicas, cuestións psicolóxicas, asesoramento xurídico ou casas e centros de acollida”

*